Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 351

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xaneiro de 1996 pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1996.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios de campamentos, albergues, residencias, centros e demais instalacións da xuventude dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 3 de xaneiro de 1995 (DOG nº 6 do 10 de xaneiro).

A Lei 13/1993, que regula as taxas, prezos e exancións dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único

1. As tarifas esixibles como contraprestación polos servicios e actividades de campamentos, albergues, residencias, centros e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, son as que se fixan no anexo desta orde. A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE

A. Oferta concertada de campamentos e albergues de verán.

A.1. Campamentos (por praza).

Por quincena: 13.500 ptas.

Por día: 1.150 ptas.

A.2. Albergues e residencias.

Por quincena: 17.500 ptas.

Por día: 1.625 ptas.

A.3. Os prezos en campamentos e albergues abranguen os seguintes servicios: inclúe o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

B. Promoción directa da dirección xeral.

B.1. Campamentos.

Promoción normal (por quincena): 15.500 ptas.

Cursos de especialidade (por quincena): 19.000 ptas.

Aulas de aire libre (por quincena): 16.000 ptas.

Aulas de natureza (por quincena): 16.000 ptas.

Curso de piragüísmo (por quincena): 19.000 ptas.

B.2. Albergues.

Promoción normal (por quincena): 20.000 ptas.

Cursos de especialidade (por quincena): 21.000 ptas.

Cursos de idiomas estranxeiros (por quincena): 22.000 ptas.

Cursos de náutica: vela e táboa e esquí (quincena): 26.000 ptas.

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena): 22.000 ptas.

Rutas turístico-culturais e deportivas: 22.000 ptas.

Cursos de piragüísmo (por quincena): 22.000 ptas.

B.3. Campos de traballo.

Ámbito autonómico e nacional (por quincena): 9.000 ptas.

Ámbito internacional (por quincena): 9.000 ptas.

C. Por servicios nos albergues e residencias.

Debendo posuí-lo carné de REAX (Rede Nacional de Alberguistas Xuvenís) ou IYHF (Federación Internacional de Albergues Xuvenís).

Servicios por persoaAta 26 anosMaiores de 26 anos

Pensión completa 1.750 2.325

Media pensión (1) 1.350 1.850

Aloxamento 750 1.100

Aloxamento e almorzo 925 1.350

Xantar ou cea 700 775

(1) Aloxamento, almorzo e cea.

D. Servicio en residencias xuvenís para estudiantes (por mes, curso 1996/97): 1 de outubro o 30 de xuño.

D.1. Servicios nas residencias.

Residencias internos: 34.500 ptas.

Medio pensionistas externos (xantar e merenda): 14.000 ptas.

E. Servicios en instalacións recreativo-deportivas.

E.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen enerxía Eléc. Con enerxía Eléc.

Adestramento/hora

para infantís e xuvenís 950 1.350

Partidos 1.300 2.500

E.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen enerxía Eléc. Con enerxía Eléc.

Ata dezaoito anos

e maiores/hora 525 925

E.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora 250

Maiores 350

E.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís 125

Maiores 250

F. Servicios para actividades recreativas ó aire libre en campamentos e albergues.

F.1. Acampadas (con tendas da entidade): 75 ptas./día persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.700 ptas./día/ata 100 usuarios.

4.900 ptas./día/101 a 300 usuarios.

7.800 ptas./día/301 a 500 usuarios.

12.900 ptas./día/máis de 500 usuarios.

*** As tarifas serán expostas nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non de enerxía eléctrica.

Os grupos que usen a instalación terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas deportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso de polideportivos cubertos ou ximnasios.

104