Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 1996 Páx. 323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle cambio de tipoloxía en Espiñeiro (3404/411).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno con data 26 de outubro de 1995, o estudio de detalle cambio de tipoloxía en Espiñeiro (3404/411), presentado por Darío Fernández Domínguez, redactado polos arquitectos Ramón Gago Alonso e Enrique Urdiales de Santiago, visado polo COAG con datas 3 de xaneiro e 13 de xuño de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: camiño de Maceiras.

Sur: grupo de vivendas Instituto Nacional de Previsión.

Leste: Dolores Collazo.

Oeste: Herdeiros de Mauricio Tipot.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 29 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

0108