Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 1996 Páx. 323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se citan.

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto o seguinte concurso público para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:

Obxecto: reforma e substitución da iluminación xeral da E.U.E. Técnica Industrial de Vigo (Expte. nº 92/95).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega: Expte. 92/95: 9.665.120 ptas. IVE incluído; trinta días naturais.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre eles.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción deles.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do/s adxudicatario/s.

Vigo, 2 de xaneiro de 1996.

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

0111