Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 1996 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se modifica a Resolución do 28 de xullo de 1995 na que se resolve o concurso polo procedemento de urxencia para concerta-lo transporte sanitario urxente na provincia de Pontevedra.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do 6 de xuño convocouse concurso polo procedemento de urxencia co obxecto de concerta-lo servicio de transporte sanitario urxente na provincia de Pontevedra (DOG nº 115 do 16 de xuño de 1995).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o director xeral de Recursos Económicos, en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 3 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº191),

ACORDA:

Deixar sen efecto a adxudicación efectuada con data 28 de xullo de 1995 a favor de José Santos Dubra (Ambulancias Redondela), sen incautación da fianza, por imposibilidade de formaliza-lo contrato, e adxudica-lo concurso a Urcesino Otero Gándara (Ambulancias de Porriño) para a zona do Porriño e Salceda de Caselas con base no Porriño, que foi o outro licitador no concurso para a dita zona.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

8512