Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 1996 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de decembro de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación da resolución do recurso de alzada do expediente sancionador (C-1636/1992).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5º andar-A Coruña), e presenta-lo recurso correspondente.

Nº expediente: C-1636/1992.

Denunciada: Encarnación López Losada.

Enderezo: As Peñas, 33-Brión, Ferrol (A Coruña).

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001).

Resolución: desestimatoria confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001).

A Coruña, 14 de decembro de 1995.

Jesús Espada Martínes

Delegado territorial da Coruña

8505