Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 1996 Páx. 287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995 pola que se aproba o modelo de solicitude en relación co Decreto 320/1995, do 2 de decembro, de regularización de situacións dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública.

O Decreto 320/1995, do 2 de decembro (DOG do 19-12-1995), de regularización de situacións dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública, establece no seu artigo 3 que as peticións se presentarán nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo e nas súas xefaturas provinciais. Para estes efectos é preciso aproba-lo modelo de solicitude, que conta co informe favorable da Inspección Xeral de Servicios en cumprimento do establecido no artigo 1 da Orde do 9 de novembro de 1993, (DOG do 15 de novembro), sobre tramitación e publicación de disposicións de carácter xeral que afecten ós procedementos administrativos a instancia de parte da Administración autonómica de Galicia.

En virtude do anterior, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

ACORDA:

Aproba-lo modelo de solicitude en relación co Decreto 320/1995, de regularización de situacións dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública, que se incorpora como anexo.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Documentación que se xunta

A) Relación de documentos xustificantes, ou a súa copia, que se unen á solicitude en caso de regularización.

p Copia do documento nacional de identidade do solicitante.

p Certificado municipal de empadroamento do solicitante e das persoas que conviven con el, indicando a data de alta no padrón.

p Documento que acredite a cesión da vivenda, se é o caso.

p Documento acreditativo da renuncia do cedente ou dos seus herdeiros, ou ben do recoñecemento da transmisión efectuada.

p Declaración de que ningún membro da unidade familiar foi propietario dunha vivenda de promoción pública nin dispón en propiedade ou arrendamento de ningunha outra vivenda.

p Certificación catastral da provincia onde se atope a vivenda, acreditativa dos bens inmobles, titularidade dos solicitantes e o seu valor catastral.

p Certificado dos recibos aboados, expedidos pola empresa recadadora.

p Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do último exercicio vencido, do que xa rematase o prazo de presentación da declaración.

-Caso de non estar obrigado:

p Certificado da Delegación de Facenda de que non consta como declarante.

p Contrato de traballo e copia da declaración presentada pola empresa á Facenda Pública na que se acrediten os ingresos e perante a Seguridade Social na que se acrediten as cotizacións correspondentes.

p No caso de traballadores autónomos, copia da alta no imposto de actividades económicas, así como fotocopia das declaracións preceptivas presentadas perante a Facenda Pública e a Seguridade Social.

p No caso de pensionistas, preceptores de prestacións por desemprego ou calquera outra prestación periódica, certificado expedido polo organismo oficial.

B) Relación de documentos xustificantes, ou a súa copia, que se unen á solicitude, en caso de amortización anticipada de vivendas en acceso diferido A propiedade.

p Copia do documento nacional de identidade do solicitante.

p Copia do contrato.

p Certificado de atoparse ó día no pagamento expedido pola empresa recadadora.

p Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do último exercicio vencido, do que xa rematase o prazo de presentación da declaración.

-Caso de non estar obrigado:

p Certificado da Delegación de Facenda de que non consta como declarante.

p Contrato de traballo e copia da declaración presentada pola empresa á Facenda Pública na que se acrediten os ingresos e perante a Seguridade Social na que se acrediten as cotizacións correspondentes.

p No caso de traballadores autónomos, copia da alta no imposto de actividades económicas, así como fotocopia das declaracións preceptivas presentadas perante a facenda pública e a Seguridade Social.

p No caso de pensionistas, preceptores de prestacións por desemprego ou calquera outra prestación periódica, certificado expedido polo organismo oficial.

C) Relación de documentos xustificantes ou a súa copia que se unen á solicitude en caso de cambio de réxime.

p Copia do documento nacional de identidade do solicitante.

p Certificado de atoparse ó día no pagamento das rendas de algueiro expedido pola empresa recadadora.

p Xustificante do aboamento das cotas por prestación de servicios individuais e comúns desde a data de ocupación.

p Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do último exercicio vencido, do que xa rematase o prazo de presentación da declaración.

--Caso de non estar obrigado:

101