Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1995 pola que se adxudica a contratación do proxecto técnico e as obras de construcción dun aparcamento subterráneo no recinto do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento, na reunión celebrada o día 12 de decembro de 1995, acordou adxudica-la contratación do proxecto técnico e as obras de contrucción dun aparcamento subterráneo no recinto do Parlamento de Galicia á empresa Cubiertas y MZOV, S.A., seleccionando a súa solución técnica nº 5 por un prezo de trescentos trinta e catro millóns novecentas trinta e catro mil setecentas catorce (334.934.714) pesetas, IVE incluído, cun prazo de execución de cinco meses.

O que se publica en cumprimento do disposto no Art. 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

8350