Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 247

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o artigo sétimo da Resolución do 5 de outubro de 1995 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 94-95.

Esta dirección xeral resolveu:

Primeiro.-Facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato, que figura no anexo desta resolución.

Segundo.-Os membros do tribunal terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de que se teñan que desprazar da súa residencia oficial, de acordo co Decreto 292/1990, do 24 de maio.

Terceiro.-O número de premios que se poden conceder na convocatoria do curso 1994-95 na Comunidade Autónoma de Galicia é de vintenove (29).

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

Tribunal titular:

-Presidente: Emilio Pérez Sánchez. Inspector de Educación.

-Vocais: Constantino Freire Llamas. Inspector de educación.

Modesto Hermida García. Inspector de educación.

José Ramón Pereiró Rodríguez. Inspector de educación.

Fermín Álvarez Lata. Inspector de educación.

Fernando del Pozo Andrés. Inspector de educación.

Isabel Malvar Carballal. Inspectora de educación.

Samuel Lago Fernández. Inspector de educación.

Nicolás Vázquez Varela. Profesor de educación secundaria.

Hilda Fraga García. Profesora de educación secundaria.

Josefa Fernández Soilán. Profesora de educación secundaria.

Celso Rey García. Profesor de educación secundaria.

Tribunal suplente:

-Presidenta: Pilar Miravalles González. Inspectora de educación.

-Vocais: Antonio Couto Llamas. Profesor de educación secundaria.

Gonzalo Navaza Blanco. Profesor de educación secundaria.

Ricardo Artime Cot. Profesor de educación secundaria.

Luís Bou García. Profesor de educación secundaria.

Berta Canel García. Profesora de educación secundaria.

Alfonso Pimentel Gándara. Profesor de educación secundaria.

Juan Marcial Pereira Fernández. Profesor de educación secundaria.

Mª Teresa Rey Escribano. Profesora de educación secundaria.

Jacinto García Iglesias. Profesor de educación secundaria.

José Antonio Vázquez Quiroga. Profesor de educación secundaria.

José Carlos Argiz Tresguerras. Profesor de educación secundaria.

8433