Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 247

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 320/1995, do 2 de decembro, de regularización de situacións dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no DOG nº 241, do 19 de decembro de 1995, é necesario efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 9.454, segundo parágrafo, onde di: «... co fin de facilita-la regularización, se é o caso a amortización anticipada de vivendas en acceso diferido...», debe dicir: «... co fin de facilita-la regularización, ou se é o caso a amortización anticipada de vivendas en acceso diferido...».

Na mesma páxina, artigo 2º.2, onde di: «... logo de acreditación do cumprimento...», debe dicir: «... logo da acreditación do cumprimento...».

Na páxina 9.455, artigo 5º E), onde di: «... provincia onde estas situada a vivenda...», debe dicir: «... provincia onde estea situada a vivenda...».

Na mesma páxina, artigo 7º.1, onde di: «... previstos no artigo 2.2º...», debe dicir: «... previstos no artigo 2º.2 ...».

Na mesma páxina, artigo 9º B), onde di: «... deberase facer unha entrega incial do 10%...», debe dicir: «... deberase facer unha entrega inicial do 10%...».

8454