Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995 pola que se convocan conxuntamente cursos de xestión de persoal e o II curso superior de xestión medio ambiental.

De acordo co plan de actividades desta escola para o ano 1996, convócanse os seguintes cursos que se rexerán por estas bases:

I. Cursos de xestión de persoal para os grupos C e D da Administración autonómica de Galicia.

Conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúnciase a convocatoria dos cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e currículum segundo o modelo do anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en calquera outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A correspondente documentación dirixirase á EGAP, rúa de Madrid, nº 2-4 (polígono das Fontiñas), 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebran en distintas localidades terá preferencia o persoal dos servicios respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso, unha inasistencia superior ó 20%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

ANEXO I

Cursos de xestión de persoal para os grupos C e D da Administración autonómica de Galicia.

Primeira.-Obxectivos.

Proporcionar coñecementos básicos en materia de xestión de persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal de Administración dos grupos C e D da Administración autonómica. Terá preferencia o persoal que estea desempeñando postos de traballo que teñan relación co contido do curso; circunstancia que deberá acreditarse mediante certificación do xefe do centro directivo correspondente.

Terceira.-Criterios de selección.

Os criterios selectivos a ter en conta serán os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

Cuarta.-Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Prazas: 25.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin do prazo

Ferrol5, 6, 7, 12, 13, 14, 19 e 20 de febreiro22-1-1996

Pontevedra26, 27, 28 de febreiro; 4, 5, 6, 11 e 12 de marzo22-1-1996

Santiago18, 19, 20, 25, 26, 27 de marzo; 1 e 2 de abril22-1-1996

Lugo8, 9, 10, 15, 16, 17, 22 e 23 de abril26-2-1996

Ourense17, 18, 19, 24, 25, 26 de xuño; 1 e 2 de xullo6-5-1996

Vigo23, 24, 25, 30 de setembro; 1, 2, 7, 8 de outubro3-6-1996

A Coruña25, 26, 27 de novembro; 2, 3, 4, 9 e 10 de decembro3-6-1996

Quinta.-Contido básico.

Introducción. O persoal ó servicio das administracións públicas. A xestión dos diferentes tipos de persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II. II Curso superior de xestión medio ambiental.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, Lei 10/1989, do 10 de xullo, e Decreto 306/1990, do 24 de maio), a Escola Galega de Administración Pública convoca o II curso superior de xestión medio ambiental.

O obxectivo desta actividade é forma-los alumnos, tanto na teoría como de forma práctica e multidisciplinar, no deseño, desenvolvemento, avaliación e aplicación de estratexias e políticas de xestión en materia de prevención, conservación e mellora do medio ambiente. Trátase ademais de formar expertos, desde a óptica de calquera das administracións públicas, en políticas ambientais, sen esquece-los aspectos que poidan ser de importancia para os profesionais liberais, directivos ou xestores ambientais de empresa, ben do sector público ou do privado.

O curso convocado vai dirixido a funcionarios de carreira dos grupos A e B, que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico, pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como o persoal laboral dunha ou doutra Administración, dos grupos I e II, que se atopen en posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Para os efectos do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, este curso valórase con dous puntos para aqueles alumnos admitidos, comprendidos dentro do ámbito de aplicación da citada normativa.

Sempre que existan prazas dispoñibles, por non se teren cuberto as convocadas entre o persoal ó que se refire o parágrafo 1 anterior, tamén poderán optar á obtención do certificado de aproveitamento, profesionais liberais que dispoñan do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.

O número de prazas é limitado.

O curso terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, sita en Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, s/n, de Santiago de Compostela, e comezará o 20 de febreiro de 1996 e rematará o día 27 de xuño do mesmo ano. A súa duración será de 140 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, os martes e xoves, desde as 16.30 ás 20.30 horas.

Se por motivos organizativos ou doutra natureza houbese necesidade de altera-las datas sinaladas, esta circunstancia será notificada ós alumnos admitidos.

Para a superación deste curso e obte-lo aludido certificado de aproveitamento, cada alumno deberá presentar un traballo sobre unha materia, que deberá

ser aprobada previamente polo director desta actividade, e que terá relación coa temática da actividade convocada.

A extensión mínima do traballo será de 20 folios, excluídas citas e bibliografía, cun número de liñas por folio non inferior a 27, a dobre espacio.

O prazo de entrega de traballo fixarase durante a realización do curso e comunicaráselles ós alumnos con tempo.

A aprobación do repetido curso queda tamén supeditada a que os alumnos acudan con regularidade a este e non teñan unha inasistencia igual ou superior a 21 horas, equivalentes ó 15% das horas programadas. De superaren este límite, sexa cal sexa a causa, quedarán eliminados do curso con perda de tódolos dereitos.

Os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1. Duascentas mil pesetas (200.000 ptas.), para todos aqueles solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica e local galegas e que no desempeño do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas co urbanismo ou medio ambiente. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación expedida polos secretarios xerais, respectivamente, da consellería, delegación, concello ou da deputación.

O importe anterior poderán facelo efectivo os interesados dunha soa vez, ou en catro prazos, de 50.000 pesetas cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo faráse efectivo antes do un de abril de 1996.

-O terceiro aboarase antes do día un de maio de 1996.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de 1996.

2. Trescentas mil pesetas (300.000 ptas.), para o resto dos solicitantes integrados nas administracións autonómica ou local galegas, que non reúnan o requisito precedente.

A contía consignada poderá facerse efectiva dunha soa vez, ou en catro prazos, de 75.000 pesetas cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de abril de 1996.

-O terceiro aboarase antes do día un de maio de 1996.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de 1996.

3. Catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.), para os demais peticionarios que non teñan a condición de persoal ó servicio de ningunha das administracións públicas anteriormente citadas.

O devandito importe poderá ingresarse dunha soa vez, ou en catro prazos, de 100.000 pesetas cada un, de acordo coa forma que se lle determina a continuación:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de abril de 1996.

-O terceiro aboarase antes do día un de maio de 1996.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de 1996.

Os dereitos de inscrición anteriormente sinalados poderán facerse efectivos, mediante cheque nominativo ou transferencia, na conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520.

As cantidades satisfeitas, no momento de formaliza-la solicitude, polos peticionarios que non sexan admitidos, serán reintegradas pola EGAP na conta corrente indicada polos interesados.

A expedición do certificado de aproveitamento queda supeditado, ademais dos requisitos de orde académica, ó pagamento completo dos dereitos de inscrición.

Para a participación neste curso ábrese un prazo de inscrición, que rematará o 5 de febreiro de 1996, para que as persoas que figuran como destinatarios deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no final desta resolución, achegando ó boletín de inscrición os seguintes documentos:

a) Se o peticionario é funcionario:

-Certificado de atoparse en situación de servicio activo ou de servicios especiais na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración local galega.

Este certificado deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo ou medio ambiente, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se signifique expresamente este extremo.

-Certificado no que se indique explicitamente que o interesado é funcionario de carreira do grupo A ou B. Este documento deberá ser expedido polos mesmos funcionarios citados no parágrafo anterior.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

b) Se o peticionario é persoal laboral:

-Certificado de pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou á da Administración local galega.

-Certificado no que se faga constar expresamente que o interesado pertence ó grupo I ou II.

Os dous anteriores documentos deberán ser expedidos, segundo os casos, polo secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

c) Para os restantes peticionarios:

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

Rematado o prazo anterior, reunirase unha comisión de selección para elixir, entre os solicitantes, aqueles que participarán como alumnos neste I curso superior.

Se os solicitantes son funcionarios ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2. Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ó que agora se convoca.

3. A antigüidade, e como tal entenderase a data de ingreso do interesado na Administración pública.

De quedaren prazas baldeiras, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criterio selectivo dos restantes peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a continuación:

-Gozarán de preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade profesional mantén relación coa materia do curso e poidan demostrar, a través do seu currículum, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc. vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que acheguen os solicitantes, que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

A efectividade desta convocatoria e do custo que se proxecta queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

8464