Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4328 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con

domicilio en rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liñas de media tensión a 20 kV, en conductores LA-30 de 31,1 mm de sección, sobre apoios de formigón ou torres metálicas, segundo a RU-6704A, cunha lonxitude de 1.425 metros a L.M.T. Deriv. ó C.T. Casasnovas e de 15 metros a L.M.T. Deriv. ó C.T. Igrexa. Dous centros de transformación de 50 KVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica ó remate da L.M.T. Rede de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50-25, tensado sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Casasnovas, Revouta e Igrexa, no concello de Vilalba.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 15 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-08060