Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4341 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Ferreira-Foxos, no concello de Samos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 277 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/400-231 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 293 metros, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira e Foxos, no concello de Samos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 13 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-07961