Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4316 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia do Concello do Vicedo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. para depuradora de augas residuais no Vicedo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar ó Concello do Vicedo, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 800 metros, con conductores unipolares D.H.V. 15/25 e sección 95 mm Al. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/398-230 V ±5%, para depuradora de augas residuais no Vicedo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 10 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7919