Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4363 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/ Cidade de Viveiro-Lugo, en solicitude de autorización para instalar traslado C.T. Museo, na praza Fillos Antón de Marcos-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de centro de transformación de 1x400 kVA 6.000 ±5%/398-230 V, para dar servicio eléctrico á zona praza Fillos de Antón de Marcos, en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 9 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-8076