Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Xeriña, Torre e Rolle, no concello de Chantada, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de redes de baixa tensión, en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 1.104 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Xeriña, Torre e Rolle, no concello de Chantada.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 9 de novembro 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-7921