Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de decembro de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, unha relación de proposta de resolución de expediente sancionador (número LU-0086/95 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselle as persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

-Nº de expediente: 0086/95.

Denunciado: Dionisio Rubiños Cayón.

Enderezo: Daián-Cervo (Lugo).

-Nº de expediente: 0093/95-LU.

Denunciado: Ovidio Álvarez Domínguez.

Enderezo: r/ Ortigueira, 2-1º, A Coruña.

-Nº de expediente: 0106/95.

Denunciado: José Fernández Lastra.

Enderezo: La Esperanza-Rinlo, Ribadeo (Lugo).

Nº de expediente: 0118/95.

Denunciado: Alberto Nogueira Rodríguez.

Enderezo: r/ Sartaña, 19-3º Ferrol (A Coruña)

Celeiro-Viveiro, 4 de decembro de 1995.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

8300