Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio de cafetería no fogar da terceira idade de Redondela e no centro social de Coia en Vigo (Pontevedra).

Esta delegación provincial, en virtude do disposto na Orde 7 de maio de 1994, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio de cafetería no fogar da 3ª idade de Redondela e no centro social de Coia en Vigo (Pontevedra).

1. Prezo mínimo de explotación:

-Fogar da 3ª idade de Redondela: 15.000 ptas. (quince mil pesetas).

-Centro Social de Coia: 50.000 ptas. (cincuenta mil pesetas).

2. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 10 a 14 horas nos días hábiles.

3. As propostas económicas axustaranse ó modelo que figura unido como anexo ó prego de cláusulas administrativas.

4. Lugar: a presentación de propostas, farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, (avenida Cánovas del Castillo s/n), en sobres pechados ou por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

5. Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo sétimo día natural ás 14 horas.

6. Apertura de propostas: realizarase pola mesa de contratación o sexto día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo (avenida Cánovas del Castillo s/n) ás 10 horas en acto público.

Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 20 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra

8299