Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan. (RC-PO-95.12 e dúas máis).

1. Obras.

Clave: RC-PO-95.12.

Título da obra: ampliación da ponte sobre o río Gafos na Avenida de Vigo en Pontevedra.

Orzamento: corenta e oito millóns duascentas setenta e oito mil setecentas noventa e cinco (48.278.795) pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría d.

grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Clave: RC-PO-95.14.

Título da obra: mellora da seguridade vial. Pasarela peonil na C-531 en Curro. Meis.

Orzamento: dezanove millóns cento cincuenta e cinco mil duascentas trinta e sete (19.155.237) pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: non se esixe.

Clave: RC-PO-95.15.

Título da obra: instalación de iluminación publica na estrada PO-332 travesía de Vilaza-Gondomar.

Orzamento: trece millóns setecentas catorce mil cincocentas oitenta e seis (13.714.586) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: non se esixe.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán a disposición destes na Delegación Provincial de Pontevedra, rúa Alcalde Hevia s/n.

3. Garantías que se lles esixen os licitadores.

Esixirase a garantía provisional do 2% salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva do 4% do importe do contrato.

4. Contido das proposicións.

Segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

6. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións, que será pública, será realizada pola mesa de contratación, na Delegación Provincial de Pontevedra, ás dez horas do sexto día natural seguinte o do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 28 de decembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

8470