Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición do inmoble sito no número 19 da rúa Santiago, de Ribadavia, para ampliación do museo etnolóxico.

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril do patrimonio da Comunidade Autónoma e 46 do seu regulamento, e a vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das peculiaridades do inmoble que se pretende adquirir e da urxencia da súa ocupación, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Cultura, a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición do inmoble sito no número 19 da rúa Santiago, de Ribadavia, para ampliación do Museo Etnolóxico.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

8543