Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en c/ Sáenz Díez, 95, Ourense, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,
Atorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña de media tensión de 20 kV, conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 1.236 metros, orixe na L.M.T. ó C.T. de Ferreira e remate no C.T. de Mato. Centro de transformación a intemperie, 50, 20.000, 380/220 V. Rede de baixa tensión de 5.988 metros e conductores R.Z.-95-50-25 mm Al, para mellora da subministración no concello de Pantón.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 1 de xuño de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-7914