Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 18 de decembro de 1995, acordou aprobar inicialmente os proxectos de delimitación e reparcelación para a unidade de execución da travesía de Monelos, Avda. de Monelos e rúa Joaquín Galiacho, quedando condicionados á aprobación do Plan Especial de Reforma Interior que se tramita simultaneamente, en aplicación das previsións do artigo 81 do Regulamento de xestión urbanística.

O que se fai para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de decembro de 1995.

O Alcalde

Rubricado

8522