Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1995 pola que se anuncian diversos concursos públicos, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se indican. (Expedientes número 63/1995 e dous máis).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto os seguintes con

cursos públicos para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:

Obxecto.

-Servidor de cálculo (Exp. nº 63/1995).

-Torno de control numérico (Exp. nº 81/1995).

-Material informático para a E.U.E.T. de informática de xestión de Ourense (Exp. nº 84/1995).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega.

-Exp. nº 63/1995: 3.000.000 de ptas. IVE incluído. Trinta días naturais.

-Exp. nº 81/1995: 12.000.000 de ptas. IVE incluído. Tres meses.

-Exp. nº 84/1995: 4.700.000 de ptas. IVE incluído. Vinte días naturais.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1 planta baixa. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, r/ Oporto nº 1-Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores.

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvencia técnica: mostras descricións e fotografía dos productos a subministrar. Relación das pricipais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre elas.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens a subministrar fíxase nun ano contado desde a súa recepción.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo dos adxudicatarios.

Vigo, 22 de decembro de 1995.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

8532