Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 76

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOMOZAS

ANUNCIO.

O concello, en sesión plenaria celebrada o día 20 de decembro de 1995, co quórum do artigo 47.3º 1, da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, acordou aprobar definitivamente o proxecto das normas subsidiarias do planeamento do termo municipal das Somozas.

O que se fai público para xeral coñecemento a teor do preceptuado na Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

As Somozas, 21 de decembro de 1995.

Manuel Candocia Ramos

Alcalde

9507858