Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 76

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se publican adxudicacións de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta Dirección Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo acorda darlles publicidade ás adxudicacións de contratos de subministracións que se relacionan:

-C.P. 2/95 Material informático, publicado no DOG nº 162, do 24 de agosto.

Empresa adxudicataria: Centro de Informática del Noroeste, S.L. por un importe total de 5.207.008 pesetas (artigos nº 2, 12, 18 e 19).

-C.P. 4/95 Aparellos clínicos, publicado no DOG nº 162, do 24 de agosto.

Empresa adxudicataria: Physio-Control Netherlands Services B.V. Sus. en España, por un importe total de 5.600.000 pesetas (artigo nº 25).

Vigo, 29 de novembro de 1995.

Alberto García Pazos

Director gerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

9508486