Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 93

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno en sesión do 30 de outubro de 1995, e co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso para a concesión administrativa do servicio de escola infantil.

Obxecto: é obxecto do contrato da adxudicación da xestión indirecta por concesión do servicio da escola infantil municipal, sita en Samoedo.

Duración do contrato: o prazo da concesión será de cinco anos e poderá ser prorrogado.

Tarifas: serán as determinadas no anexo I ó prego de condicións.

Proposicións: presentaranse na secretaría do concello durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas.

Modelo de proposición: o recollido na cláusula nº 12 do prego de condicións.

Sada, 21 de novembro de 1995.

José Fernández Álvarez

Alcalde en funcións

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273