Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 93

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O Concello de Ames anuncia a contratación, por medio de concurso, do servicio de conserxería no colexio público de Bertamiráns (A Coruña).

Os que desexen participar no concurso deberán presenta-la seguinte documentación e na forma que se indica:

a) Solicitude segundo o modelo que se xunta.

b) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

c) Xustificante de ter constituída a garantía provisional.

d) Tratándose de persoa xurídica, documento acreditativo da súa existencia, e de tratarse de persoa física, fotocopia do documento nacional de identidade.

e) Se se acude en representación, poder debidamente verificado.

12.-Propostas: os que desexen tomar parte no concurso presentarán ás súas propostas en sobre pechado, que deberá ser precintado ou lacrado, durante o prazo dos vinteseis días naturais, seguintes a derradeira publicación do concurso, que o será no BOP e no Diario Oficial de Galicia, coa denominación do «Proposición para tomar parte no concurso do servicio de conserxería do colexio público de Bertamiráns no Concello de Ames, presentado por Don/a ..., veciño/a de ..., data e sinatura», debendo presenta-las propostas no rexistro xeral entre as dez e as trece horas, dacordo co seguinte modelo:

Don/a..., con domicilio en ..., e DNI núm. ..., no seu nome (ou na representación de ...), fai constar:

1º.-Que solicita tomar parte no concurso para a prestación do servicio de conserxería no colexio público de Bertamiráns no Concello de Ames.

2º.-Que acompaña os documentos esixidos no prego de condicións.

3º.-Declara coñecer e aceptar plenamente os pregos de condicións.

4º.-Propón como prezo o de ... pesetas ó ano (en número e letra).

5º.-(Cantos documentos crea convenientes sobre a competencia e condicións de realización do servicio).

....... de ...... de 199...

O licitador/a

As bases completas publicaranse no BOP e encontraranse a disposición daqueles que o desexen na secretaría da corporación.

Ames, 19 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

9507832