Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Sábado, 30 de decembro de 1995 Páx. 9.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudica o concurso público para a concesión de bolsas para realizar estudios de doutoramento, convocado no anexo I.A (bolsas de nova adxudicación) da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril).

A Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo I.A, a concesión de bolsas de nova adxudicación para realizar estudios de doutoramento.

De acordo co establecido no punto 5 do dito anexo, desde o 20 ó 30 de novembro, expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas podendo durante ese mesmo período, os interesados, formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron avaliadas pola Comisión de Selección de Política Científica, creada por Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola dita comisión, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder bolsa de nova adxudicación para realizar estudios de doutoramento ás persoas que se relacionan no anexo I á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a contía das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 50.000 ptas/mes brutas durante o período comprendido entre o 1 de outubro de 1995 e o 30 de setembro de 1996.

Terceiro.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se fixo referencia no apartado primeiro desta resolución, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito para os efectos do inicio do período de desfrute da bolsa, a adxudica-la axuda a algunha das persoas que se relacionan no anexo II. A asignación farase pola mesma orde na que se relacionan.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de marzo de 1995, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

95-07966