Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Sábado, 30 de decembro de 1995 Páx. 9.844

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 1995 pola que se resolve a concesión de bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes que residan fóra de Galicia (anexo VIII da Orde do 16 de novembro de 1994).

A Orde do 16 de novembro de 1994 (DOG nº 229, do 28 de novembro) amplía a convocatoria de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, feita por Orde do 30 de maio de 1994 (DOG do 13 de xuño), e nela prevese a seguinte acción:

-Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes que residan fóra de Galicia (anexo VIII).

Por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 13 de marzo de 1995 (DOG do 25 de abril), e, de conformidade coa base 9 do anexo VIII, fíxose pública unha relación provisional de beneficiarios da referenciada bolsa. No apartado terceiro da citada resolución fixábase un prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión avaliadora nomeada por Resolución do 11 de agosto de 1994,(DOG nº 169, do 1 de setembro), da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución eleborada pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes, que residan fóra de Galicia, ós alumnos universitarios que se relacionan no anexo I da presente orde, na contía que se especifica.

Artigo 2º.-O incumprimento das bases establecidas na ampliación da orde de convocatoria do 16 de novembro de 1994, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 3º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta disposición, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes, que residan fora de Galicia.

Apelidos e nomeDNI/pasaporteContía

Álvarez Fernández, Carmen Mª52.490.899300.000
Antoñón Clemente, Fco. Javier09.761.667250.000
Arias Rico, Patricia Tania44.045.015260.000
Bilbao Braña, Rafael01.178.520210.000
Cabanas Fdez., Mª del Carmen30.618.755290.000
Cid Muñiz, Maribel18.596.920250.000
Cortes Amaro, Manuel36.135.404210.000
Do Camiño Covelo, Verónica44.305.633210.000
Garcimartín Montero, Carmen25.137.934450.000
Gelpi Díaz, Patricia76.018.195210.000
Gómez López, Marta32.676.511210.000
González Cueto, AleidaB-0294641450.000
Klein López, Cristina10.079.114290.000
Lista Raña, David34.893.874250.000
Medina González, Cecilia P.X-1464673-X250.000
Mourón Noya, David30.681.853210.000
Nieto Montero, Juan José33.287.817450.000
Rey Cernadas, Luis33.290.898250.000
Rubal González, Ana Luisa33.306.015210.000
Sánchez Alonso, Raquel44.428.671250.000
Vázquez Álvarez, Mª Ángeles36.127.688290.000
Vázquez Vales, Nuria33.905.889210.000

9508481