Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores 237/1993 e 265/1993 de pesca fluvial de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e Lei do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

se relacionan no anexo, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial en Galicia.

1. Contra as ditas resolucións, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación, ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes; transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, estas resolucións serán firmes para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de quince días, contados desde o momento no que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procedérase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento de contía total da sanción e da indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

P.D. (23-11-1995)

Tomás Fdez.-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

237/1993Manuel Acha Paz

Oubiña

Cambados (Pontevedra)

Pescar con rede o día 6 de agosto de 1993.Artigo 35.2º da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

Artigo 35 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

500.001 ptas.

265/1993Eduardo Abuín Raño

Brión-Leiro

Rianxo (A Coruña)

Pescar con butrón no río Ulla.Artigo 35.5º da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

Artigo 35 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

500.001 ptas.

95-8443