Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Cofano, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio existente n. D4 da L.M.T. Mourente-Marín II, ata o C.T. que e se proxecta en Cofano, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Orzamento: 8.481.181 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 23 de novembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-8226