Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha C.T. de 160 kVA en edificio Europa na r/ Redondela, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: na rúa Redondela, edificio Europa, concello de Ponteareas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.
Orzamento: 2.447.694 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 22 de novembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-8225