Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 193/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica de Laracha co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV, de 3(1x95) mm Al, de 257 m de lonxitude, con orixe na liña As Gándaras-Laracha (expediente 51786) e remate no C.T. que se vai instalar no edificio en Avda. Fisterra.

-Centro de transformación en edificio de vivendas de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Avda. Fisterra-Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-07962