Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3446 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, atorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liñas de media tensión a 20 kV, orixe da L.M.T. derivación ó C.T. de Casanova, na L.M.T. depuradora; a derivación ó C.T. de Bouzavella na L.M.T. ó C.T. de Xustás; a derivación ó C.T. de Cabana na L.M.T. ó C.T. de Casanova; a derivación ó C.T. de Veiga na derivación ó C.T. de Casanova; a derivación ó C.T. de Xustás na derivación ó C.T. da deputación, final nos centros ó de Casanova, Bouzavella, Cabana, Veiga e Xustás, cunhas lonxitudes de 1.556 metros, a dereivación ó C.T. de Casanova; 945 metros a derivación ó C.T. de Bouzavella; 180 metros a derivación ó C.T. de Cabana; 1.150 metros a derivación ó C.T. de Veiga e 14 metros a derivación ó C.T. Xustás. Centros de transformación de 50 kVA os de Casanova, Bouzavella, Veiga e Cabana; 100 kVA o de Xustás e 50 kVA o de Escanavada. Redes de baixa tensión, para a reelectrificación de Xustás I e II-fase, no concello de Cos

peito. E desestima-las alegacións presentadas, por carecer de fundamento técnico.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 3 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-07852