Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 25 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 321 de clasificación do monte de Manda, pertencente ó lugar de Manda, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase expediente número 321 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Manda.

Comunidade: lugar de Manda.

Parroquia: Coiro.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 374 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Cadaval, Ruña e outos, nº 103-D do CUP.

Norte: con monte da comunidade de Fornís e Loureiro, desde o piquete nº 138 ata o 154, seguindo os lindeiros do citado monte veciñal.

Leste: con propiedades particulares dos veciños de Manda e Fornís, desde o piquete nº 154 ó 174, seguindo a orde de piquetes.

Sur: con propiedades particulares de veciños de Suevos, desde o piquete nº 174 ó 179 seguindo a orde de piquetes. Con monte da comunidade de Suevos, pola liña recta que vai desde o piquete nº 179 ó nº 253 no punto chamado Cruz de Servo Saído.

Oeste: con monte da comunidade de Paxareiras e Recarea, desde o piquete nº 253 ata o 57, seguindo os lindeiros de dito monte veciñal. Con Foro de Gosende, desde o piquete 57, pasando polo 58 e 59, ata chegar a unpunto intermedio entre os piquetes 59 e 60 no lugar denominado Pedra Cabalgada. Con monte da comunidade de Xestoso deste último punto ata o piquete 1380, seguindo os lindeiros do monte veciñal de Xestoso.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 25 de outubro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9508021