Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 25 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 320 de clasificación do monte de Val, pertencente ó lugar de Val, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase expediente número 320 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Val.

Comunidade: lugar de Val.

Parroquia: Chacín.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 32,16 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Pedroso, Val, Sixto e outros, nº 103-I do CUP.

Norte: con Rego das Candas e monte público Aro, desde o piquete nº 63 ó 66 seguindo a orde de piquetes.

Leste: con resto do monte público Pedroso, seguindo unha liña recta desde o piquete nº 66 ó 27. Con propiedades particulares do lugar de Vioxo desde o piquete nº 27 ó 30 seguindo a orde de piquetes.

Sur: con resto de monte público Pedroso, seguindo unha liña recta desde o piquete nº 30 ó 48.

Oeste: con propiedades particulares do lugar de Val desde o piquete nº 48 ó 63 seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 25 de outubro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9508020