Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de abril de 1995 polo que se anuncia a iniciación do procedemento de clasificación como veciñais en man común do monte de Piteira-Sobrado sito no concello do Irixo (Ourense), a favor dos veciños de Sobrado e Piteira, parroquia de Piteira do concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data 19 de abril de 1995, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Piteira-Sobrado, dunha superficie aproximada de 12 ha 63 a 50 ca, sito no concello do Irixo (Ourense), pertencente ós veciños de Sobrado e Piteira, parroquia de Piteira, no concello do Carballiño, e nomeáronse instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco; o cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 19 de abril de 1995.

José Manuel Baltar Blanco

O Instructor do procedemento

9508164