Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-75/1995 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Vicente Piorno González e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 23 de novembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ExpedienteDenunciado

Último domicilio coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxidoPrecepto

sancionador

Sanción

C-75/1995Guillermo Veiga Couso

Baguin-Mogor-Marín

Adestrar 4 cans no Monte de Pastoriza xunto á antena de Radio Nacional; o dito monte pertence á Sociedade de Caza de Marín.Art. 48.1º 18 da Lei 1/1970, de caza.Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.5.000 ptas.
C-87/1995José Pregal Pérez

Valdomar-Covelo

Adestrar cans nun couto privado de caza, en época de veda e sen levar consigo a licencia de caza.Art. 48.2º 1 da Lei 1/1970, de caza.Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.3.500 ptas.
C-88/1995José Manuel Pregal Durán

Valdomar-Covelo

Adestrar cans nun couto privado de caza, en época de veda e sen levar consigo a licencia de caza.Art. 48.2º 1 da Lei 1/1970, de caza.Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.3.500 ptas.

95-8154