De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-177/1995) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Indendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para que achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non
se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de DCIF, sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto (BOE do 9-8).
Pontevedra, 25 de setembro de 1995.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-177/1995.
Denunciado: Laurentino Simoes de Macedo.
Enderezo: Loureiro, 12. 36930-Bueu.
Feito denunciado: queima sen autorización.
Precepto infrinxido: Art. 138 C) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 15.000 ptas.
8156