De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución de dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.
E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, as alegacións que se consideren convenientes no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.
Pontevedra, 21 de setembro de 1995.
Manuel Francisco Gutiérrez
Instructor
ANEXO
Expediente: I-40/1995
Denunciada: Mª Berta Méndez Méndez.
Enderezo: Benito Corbal, 38-3º D.
Feito denunciado: abandono dun vehículo Seat-850, matrícula OR-21745.
Precepto infrinxido: Art. 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 50.000 ptas.
8159