Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 371/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. Vilaboa-Castelete, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente ó peirao de Vilagarcía (nó 34) ata o C.T. existente en Vilaboa (nó 36) (tramo subterráneo) e desde o C.T. de Vilaboa ata o C.T. existente en Castelete (tramo aéreo), concello de Vilagarcía de Arousa.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 225 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

L.M.T., aérea, a 20 kV, de 791 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos.

Orzamento: 10.957.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-8221