Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Santiago de Breixa, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.9 da L.M.T. Cruces-Fontao ata o C.T. que se proxecta en Santiago de Breixa, concello de Silleda.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón
C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 370 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de fibra de vidro.
Orzamento: 2.942.117 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren
oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 2 de novembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-8220