Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.702

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 19 de decembro de 1995, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría de celador, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995, polo que se fai pública a anulación dunha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertidas deficiencias na redacción de unha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de celador, este tribunal acorda facer pública a anulación da pregunta nº 13, que será debidamente substituída pola respectiva pregunta de reserva nº 101, de conformidade co apartado 13, da base sexta da Resolución do 18 de maio de 1995.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Presidente do tribunal

8394