Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.701

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 19 de decembro de 1995 pola que se resolve parcialmente a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 23 de febreiro de 1995 (DOG número 49, do 10 de marzo de 1995).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 23 de febreiro de 1995 (DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería dispón resolver parcialmente a dita convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Designa-lo funcionario que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partires do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de posto radicado na mesma localidade.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995.

P.D. (O. 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO

NRP ou DNI: 3263582702 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Martínez Piñeiro, Juan José.

Deniminación do posto: Xefe do Servicio Técnico Xurídico.

Nivel: 28A

C. Específico: 1.583.676.-

Código do posto: EFC020000115770048

Centro Directivo: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.

8393