Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-240/1995 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e Lei do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, a resolución de ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcurrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fora presentado, esta resolución será firme a tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobro pola vía de apremio.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse previo pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 16 de novembro de 1995

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-240/1995

Denunciado: Eugenio Nogueiras Martínez

Último enderezo coñecido: Meixonfrío, 121-1ºA. Santiago de Compostela.

Feito denunciado: pescar sen licencia no río Ulla ó día 29-5-1995.

Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 2.000 ptas.

95-8027