Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados pola construcción das instalacións de distribución de gas natural para usos industriais contempladas no proxecto de ramal Pontevedra-Ourense.

O 16 de outubro de 1995 foron autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia as instalacións do ramal Pontevedra-Ourense. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Leri 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos bens afectados. Así mesmo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da devandita lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, resulveu convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados nos concellos onde radican os predios, como punto de reunión, para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución.Poderan facerse acompañar pola súa conta dos seus peritos e dun notario, se así o xulgan oportuno.

O levantamento de actas terá lugar na Casa do Concello de Avión os días 9, 10 e 11 de xaneiro de 1996, a partir das 9 horas; na Casa do Concello de Boborás o día 11 de xaneiro de 1996, a partir das 16 horas, e os días 12, 15, 16, 17 e 18 de xaneiro de 1996, a partir das 9 horas; na Casa do Concello do Carballiño o día 18 de xaneiro de 1996, a partir das 16 horas, e os días 19, 22, 23, 24 e 25 de xaneiro de 1996 a partir das 9 horas, na Casa do Concello de Maside os días 26, 29, 30 e 31 de xaneiro de 1996 a partir das 9 horas, na Casa do Concello de Punxín os días 1, 2 e 5 de febreiro de 1996 a partir das 9 horas, e na Casa do Concello de Amoeiro o día 6 de febreiro de 1996 a partir das 9 horas.

A orde de levantamento de actas comunicarase a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación e a relación de titulares convocados figurará no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

Cómpre salientar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común de notificación da presente resolución ós titulares descoñecidos e a aqueles dos que se ignora o domicilio.

No expeidente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

Ourense, 30 de novembro de 1995.

(Por substitución legal do delegado provincial)

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense

95-8139