Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xullo de 1995 pola que se modifican centros públicos de preescolar/infantil e primaria/EXB, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 144, do 28 de xullo de 1995, cómpre efectua-las correspondentes correccións:

Na páxina 5.984, colexio público O Cruce, do concello de Cerceda, referido ó número de unidades, onde di: «EXB - 2 e PREE -18», debe dicir: «EXB - 18 e PREE 2».

Na páxina 5.986, colexio público María Barbeito e Cerviño, do concello da Coruña, referido ó número de unidades, onde di: «EXB - 28, PREE 7» debe dicir: «EXB - 29, PREE - 6».

Na páxina 5.990, colexio público A Xunqueira, do concello de Fene, onde di: «supresión de 1 posto de ciclo inicial e medio» non procede tal supresión. Polo tanto o número de unidades de EXB son 15 e o total de unidades 19. Onde di : «EE200 - EXB. Ciclos inicial e medio 8», debe dicir: «EE200 -EXB- ciclos inicial e medio 9» . Polo tanto o número total de postos de traballo son 21.

Na páxina 5.991, colexio público Chaborré Calé, do concello de Ferrol, onde di: «creación de 1 posto de traballo de pedagoxía terapéutica», debe dicir: «creación de 1 posto de audición e linguaxe».

En postos de traballo onde di: «educación especial - pedagoxía terapéutica 1» , debe dicir: «educación especial - audición e linguaxe 1».

Na páxina 5.992, colexio público Eugenio López e López, do concello de Laxe, onde di: «unidades PREE - 2, e total 21», debe dicir: «unidades PREE - 3 e total 22». Referido ó número de postos de traballo onde di: «EE100 preescolar 2», debe dicir: «EE100 preescolar 3». Polo tanto o número total de postos de traballo deste centro é de 25.

Na páxina 6.002, colexio público Xosé María Brea Segade, do concello de Rianxo, onde di: «supresión de 1 posto de ciclo inicial e medio», debe dicir: «creación de 1 posto de ciclo inicial e medio». O número de unidades e de postos de traballo non sofre variación.

Na páxina 6.007, colexio público rural agrupado de Teo, concello de Teo, no que se suprime 1 posto de ciclo inicial e medio na localidade de Cornide, debe engadirse: recoñéceselle ó profesor afectado os dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Na páxina 6.024, colexio público Condesa de Fenosa, do concello do Barco de Valdeorras, onde di: «creación de 1 posto de ciclo inicial e medio. Supresión de 1 posto de lingua castelá», debe dicir: «supresión de 1 posto de lingua castelá». O número de unidades e de postos de traballo non sofre variación.

Na páxina 6.029, colexio público de Sarreaus do concello de Sarreaus, onde di: «supresión de 1 posto de ciclo inicial e medio», debe dicir: «supresión de 1 posto de ciclo inicial e medio. Supresión de 1 posto de lingua castelá e francés. Creación de 1 posto de lingua castelá e inglés». O número de unidades e de postos de traballo non sofre variación.

Na páxina 6.042, colexio público San Benito de Lérez, do concello de Pontevedra, onde di: «creación de 1 posto de educación musical. Creación de 1 posto de educación musical», debe dicir: «creación de 1 posto de educación musical». Non varía o número de unidades e de postos de traballo publicados.

Na páxina 6.043, colexio público Príncipe Felipe, do concello de Pontevedra, onde di: «supresión de 1 posto de lingua castelá e francés. Supresión de 1 posto de ciencias sociais. Creación de 1 posto de educación músical», debe dicir: «supresión de 1 posto de ciencias sociais. Creación de 1 posto de educación musical». Polo tanto o dito centro conta con 23 unidades de EXB e 25 unidades en total. Ó número de postos de traballo debe engadirse 1 de lingua castelá e francés, contando con 28 postos de traballo en total.

Na páxina 6.044, Colexio público Xosé Fernández López, do concello do Porriño, onde di: «supresión de 1 posto de matemáticas e ciencias da natureza. Creación de 1 posto de educación musical», debe dicir: «Creación de 1 posto de educación musical». Polo tanto o número de unidades é de 18 EXB e 23 unidades en total. Onde di: «EE205 matemáticas e ciencias da natureza 2», debe dicir: «EE205 matematicas e ciencias da natureza 3». O número total de postos son 26.

Na páxina 6.049, colexio público de Sello, do concello de Vigo, onde di: «supresión de 1 posto de matemáticas e ciencias da natureza», debe dicir: «supresión de 1 posto de matemáticas e ciencias da natureza. Supresión de 1 posto de lingua castelá». Polo tanto o número de unidades é de 9 EXB e 12 en total. O número de postos de traballo en total son 14, como consecuencia da supresión do posto de lingua castelá.

8188