Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se citan. (Expediente 78/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto o seguinte concurso público para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:

Obxecto: diverso hardware e software da rede CD-ROM, ordenadores e SAI para a biblioteca universitaria. (Expediente número 78/1995).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega: expediente 78/1995: 6.270.000 ptas. IVE incluído. Un mes.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, r/ Oporto, nº 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado, terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre eles.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase nun ano a contar desde a recepción deles.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo dos/as adxudicatario/s.

Vigo, 14 de decembro de 1995.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrrector de Economía