Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.569

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (544/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai público que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 544/1994, a pedimento de Acabados del Vallés, S.A., representada pola procuradora Regueiro Muñoz, contra José Antonio Albarellos Meceira, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na avenida de Castelao, nº 44-3º C, polígono de Vite, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días o seguinte predio:

Predio urbano. Na parcela sinalada co número cento sesenta e nove (169), do plan parcelario do polígono industrial do Tambre, deste concello de Santiago de Compostela, unha nave industrial que ocupa a superficie de oitocentos sesenta e catro metros cadrados, dos que cincocentos metros cadrados correspóndenlle ó almacén, e os restantes trescentos sesenta e catro metros cadrados, a taller, e ten así mesmo unha entreplanta para oficinas duns douscentos metros cadrados. Unido á dita nave e para o seu servicio, un terreo sen edificar de trescentos setenta e tres metros e cincuenta decímetros cadrados que, en unión do que ocupa a nave, integran un soar predio da capacidade total de mil douscentos trinta e sete metros e cincuenta decímetros cadrados, que linda: norte, coa parcela nº 170; sur e leste, rúa do polígono; e oeste, a parcela 168. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número dous, no tomo 1.092, libro 134

da sección 2ª, folio 20, predio nº 4.553 (inscrición 6ª).

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, ás doce horas do día 17 de xaneiro do ano 1996, baixo as seguintes condicións:

Primeira: o tipo da poxa é o de sesenta millóns de pesetas, fixado na escritura de constitución de hipoteca, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segunda: para tomar parte na poxa, deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado nº 150O-18042494 do Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, o vinte por cento da dita cantidade, e sen este requisito non serán admitidos.

Terceira: os autos e as certificacións ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Cuarto: as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen que se destine á súa extensión o prezo do remate.

De non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 28 de febreira de 1996, ás doce horas, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira; e sinálase para a terceira, se é o caso, sen suxeición a tipo, o día 30 de marzo seguinte, ás doce horas.

Dado en Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-8037