Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 21 de decembro de 1995 Páx. 9.568

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (189/1995).

Eu, Isabel Lado López, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negrei

ra e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo e co número 189/1995, se tramita expediente de declaración de herdeiros, a pedimento de Manuel Gómez Rodríguez, no expediente do cal se acordou anuncia-la morte sen testar de José María Gómez Cabo, que faleceu o día 1 de xaneiro de 1956, tendo reclamada a herdanza a través do referido expediente e ante este xulgado, os parentes seguintes:

-O seu sobriño Manuel Gómez Rodríguez.

Igualmente se chaman os que se crean con igual ou mellor dereito para que comparezan no xulgado a reclamalo dentro do prazo de trinta días.

O que publica para os fins e efectos acordados.

En Negreira, 10 de novembro de 1995.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9507931