Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1995 pola que se autoriza a impartición dos programas de garantía social Introducción á construcción, Introducción á informática e Introducción ás técnicas administrativas, ó centro homologado Valle Inclán de Ourense.

Na Orde do 11 de abril de 1995 (DOG do 25 de maio), díctanse as normas para a regulación de programas de garantía social durante o curso 1995-96, con carácter experimental, en centros públicos e privados homologados de formación profesional de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, esta direcció xeral,

RESOLVE:

Autoriza-la impartición de programas de garantía social coa correspondente denominación das ensinanzas Introducción á construcción, Introducción á Informática e Introducción ás técnicas administrativas, ó centro homologado Valle Inclán de Ourense.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1995

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

8151